miércoles, 12 de diciembre de 2018

LABERINTO




As manualidades son un recurso moi empregado na Educación Infantil, xa que con poucos materiais e un proceso sinxelo, pódense acadar bos resultados. 

O alumnado pode realizala tanto de forma individual como colectiva, feito que pode axudar a integración de persoas diferentes ao resto ou individuos novos nese contexto.


MATERIAIS

- Caixa de cartón

- Témpera lila

- Paus de cores

- Pelota de ping-pong

- Ollos de plástico

- Tesoira

- Rotulador  e permanente

- Pincel e brocha

- Pistola de silicona quente







PROCESO

- Pintar a caixa de cartón

- Deseñar o laberinto


- Pegar os paus á caixa


- Decorar a pelota con ollos e boca


- Decorar o laberinto con rotulador




   



UTILIDADES E VARIACIÓNS

Mover a pelota: movendo a propia caixa, soprando de forma directa ou cunha palliña, movela cun dedo.

Crear o seu propio laberinto e decorar a pelota ao seu gusto.


FUNCIÓNS DIDÁCTICAS

- Manter a atención: moi útil para nenos con TDAH ou calquera tipo de problema de atención.

- Aprender a controlar frustración

- Pronunciar correctamente mediante as actividades de soplo

- Traballar a motricidade fina.

- Cooperar entre varias persoas para resolver o laberinto ou facer un novo.

- Cores: asociar nome á cor e contar cantos paus dunha mesma cor hai.

- Fomentar a creatividade ao crear o propio laberinto ou a pelota.

No hay comentarios:

Publicar un comentario