A razón de levar a cabo este traballo é que resulta unha manualidade sinxela, con materiais que todos/as podemos ter na casa ou que atopamos facilmente e, ademais, pode servir como decoración ou como agasallo. Por outra banda, e como xa vai quedar indicado ao final desta entrada, é un traballo que pode abrir a porta a tratar múltiples temas nunha aula de Educación Infantil.
Materiais:
- Un globo
- Papel de xornal
- Cola branca
- Auga
- Pinceis
- Pintura acrílica
- Pauciños de madeira
- Vasos de cartón
- Papel crespón
- Goma eva
- Grampadora
Elaboración:
- Inflar o globo e atalo.
- Mesturar cola branca e auga nun vasiño. Remover e aplicar sobre o globo cun pincel.
- Engadir tiras de papel de xornal, de maneira que vaia quedando recuberta a superficie.
- Cando o globo estea cuberto por completo, deixalo secar.
- Mentras seca, poñer o papel crespón ao redor do vaso e grampalo, para darlle imaxe de cesto.
- Pintar o globo con pintura acrílica. Deixalo secar outra vez.
- Dobrar dúas tiras longas de papel crespón e poñelas cruzadas sobre o globo. Pegalas.
- Unir o globo e o vasiño directamente. Poden utilizarse tamén os pauciños, pegándoos tanto ao globo coma ao vaso, para darlle unha imaxe máis semellante ao dun globo aerostático real.
- Por último, emprégase a goma eva como soporte para o globo.
Resultado:
Aplicación didáctica:
A elaboración deste globo aerostático resulta interesante xa que é un elemento que chama a atención dos nenos e nenas debido a que é algo que non está ao seu alcance nin poden ver habitualmente. Ademais, na aula pódense traballar diversos temas a raíz deste traballo, como poden ser as manualidades e os medios de transporte. Por tanto, é un traballo sinxelo, que os nenos e nenas de educación infantil de 5 anos poderían levar a cabo coa axuda do profesorado, ou na casa coa axuda da súa familia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario